97 Aniversario do nacemento do Comandante Fidel Castro

Seguramente o Comandante Fidel Castro foi un dos homes máis destacados da historia da humanidade. A súa capacidade intelectual, a súa concepción global do mundo e o seu compromiso cos pobos que loitan pola súa dignidade, a soberanía e a paz, convertérono nun importante estadista e referente internacional.

Por Lois Pérez Leira | Bos Aires | 18/08/2023

Comparte esta noticia
A triunfante revolución cubana a poucas millas dos EEUU, a derrota norteamericana en Praia Girón, o acercamento decisivo cubano para derrotar ás forzas racistas en Sudáfrica, converteron a este pequeno país socialista e ao seu líder nos abanderados da loita antiimperialista, en todos os recunchos da terra.
 
A pesar da expulsión da OEA, do inxusto embargo norteamericano a Cuba, Fidel e o seu pobo puideron resistir sempre e vencer. A demostración contundente foron os novos aires que sopraron e sopran por América latina: A revolución bolivariana,  Chile, Bolivia, Nicaragua, Colombia, Brasil etc. Fidel é o continuador dos grandes liberadores de América Simón Bolívar, San Martin, Antonio Sucre, Francisco de Miranda, Bernardo O'Higgins etc.
 
É o mellor fillo de José Martí, que foi o autor intelectual segundo o propio Fidel, da revolución cubana.
 
A súa desaparición física o venres 25 de novembro de 2016  xa era un feito eminente e asumido polo mesmo Fidel, deixándonos como despedida os seus últimos xeniais pensamentos escritos. O máis importante é a súa obra encarnada na propia revolución e a influencia que aínda segue exercendo nunha parte importante da humanidade. Teño que recoñecer que hoxe como aquel 9 de outubro de 1967 que escoitei a noticia de que asasinaran ao Che, fíxoseme un nó na gorxa e chorei. Crieime e formeime á calor do pensamento da revolución cubana e síntome fillo desa revolución.
 
A pesar da súa cubanidade nunca renegou da súa orixe galega. En Láncara, provincia de Lugo, a súa casa recentemente reconstruída converteuse nunha visita obrigada na zona.  Moitos fillos de galegos tamén acompañaron a Fidel xunto ao seu irmán Raúl na súa loita martiana, entre eles: os irmáns País, os irmáns Ameijeira, Ñico López, Fernández Mel, Gildo Fleitas, Tasende, os irmáns Trigo, Manuel Piñeiño 'Barba Roja', Cheñar Piña, Abel e Haydée Santamaría, os irmáns Díaz, María Araujo e outros tantos anónimos emigrantes.
 
Para todos eles a gloria eterna. Por iso digo en vos alta. Até a vitoria sempre o meu comandante Fidel Castro.

Os pais de Fidel e Raul Castro
Os pais de Fidel e Raul Castro
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Lois Pérez Leira Naceu en Vigo en 1953, emigrando á Arxentina cos seus pais sendo aínda un neno. En 1990 retorno definitivamente a Galicia, especializándose en temas migratorios. Durante estes últimos anos escribiu numerosos libros sobre a emigración galega e impartiu distintas conferencias en distintos países do mundo. Nos últimos anos se dedicou ao documentalismo sendo director de 18 documentais. Na actualidade é o secretario xeral de Nova Esquerda Socialista, organización que participa do Novo Proyecto Común. Foi distinguido en numerososa oportunidades, sendo nomeado cidadán ilustre da cidade de Salvador de Bahia.