O PSdeG afirma que "o único" que lle interesa a Rueda este verán é "falar ben de Vox", dirixido por Feijóo

Critica que a Xunta estea "oculta" e "ningunee" os "problemas reais" de Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/08/2023 | Actualizada ás 14:29

Comparte esta noticia

O deputado do PSdeG, Julio Torrado, censurou que "o único" que lle interesa este verán ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, é "falar ben de Vox" e "encomiar constantemente" á formación que lidera Santiago Abascal. "Case máis que ao PP", engadiu.

En rolda de prensa este luns, o socialista apuntou que "Feijóo segue marcando as necesidades de Galicia". "Non podemos esperar a que o Goberno galego reciba os comunicados do PP de Madrid para saber que ten que dicir e de que ten que falar", sinalou. Así, asegurou que a Xunta tenta "ningunear os problemas reais" dos galegos e "esquecéndose de que hai un curso escolar ao virar a esquina, problemas de asistencia sanitaria ou problemas de seca", entre outros.

"Ninguén está a dar ningunha solución", asegurou Torrado antes de engadir que "non existe axenda informativa" porque o Goberno galego "está escapado e oculto". Con todo, recoñeceu o seu "dereito a ter espazos propios", pero afirmou que o Executivo "é moi amplo e debese de estar a dar algunha solución". Así mesmo, volveu a reclamar a Rueda que "deixe de falar ben da ultradereita, á que non quere ninguén, e comece a falar da Galicia que queremos todos".

O deputado do PSdeG Julio Torrado en rolda de prensa
O deputado do PSdeG Julio Torrado en rolda de prensa | Fonte: PSdeG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta