Controlado o incendio en Arbo, onde se desprazaron efectivos terrestres e aéreos

A Xunta despregou efectivos de extinción de incendios, tanto terrestres como aéreos, para sufocar un incendio declarado este mediodía no municipio pontevedrés de Arbo, segundo confirmaron fontes da Consellería de Medio Rural.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 17/08/2023 | Actualizada ás 14:03

Comparte esta noticia

A Consellería do Medio Rural da Xunta deu por controlado o incendio de Arbo iniciado este xoves e que leva menos dunha hectárea queimada.

O lume comezou sobre as 12,30 horas na parroquia de Cabeiras e deuse por controlado ás 14,18 horas, tras a mobilización de varios medios terrestres e aéreos.

Neste lume, que polo momento calcinou 8.000 metros cadrados --menos dunha hectárea--, traballaron un técnico, dous axentes, sete brigadas, cinco motobombas, tres avións e dous helicópteros.

As Forzas Armadas inician o seu despregamento en Galicia para previr incendios forestais
As Forzas Armadas inician o seu despregamento en Galicia para previr incendios forestais | Fonte: EMAD

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta