Falece un mozo tras chocar contra unha árbore en Ramirás, Ourense

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/08/2023 | Actualizada ás 11:04

Comparte esta noticia

Un mozo faleceu na madrugada deste sábado tras saírse da vía o vehículo no que circulaba pola estrada OU-531, ao seu paso polo municipio ourensán de Ramirás, e chocar contra unha árbore o que provocou o envorco do vehículo.

O accidente produciuse minutos antes das 07,00 horas nesta vía e concretamente na parroquia de Paizás. Segundo informou a Garda Civil, o vehículo saíuse da vía pola marxe dereita e chocou contar unha árbore.

O 112 Galicia recibiu a alerta mediante o sistema de 'ecall' do vehículo e mobilizou, para comprobar a información, aos membros do GES de Terras de Celanova. Unha vez no lugar, advertiron dunha persoa inconsciente atrapada no interior e que era necesario proceder á súa excarceración. Pouco despois, informaron de que o mozo falecera.

Ademais de efectivos de emerxencias e sanitarios, o 112 Galicia solicitou a intervención das axentes da Garda Civil de Tráfico. Así mesmo, recibiron apoio dos voluntarios de Protección Civil e coa axuda do persoal de limpeza e mantemento da Axencia Galega de Infraestruturas.

Accidente no que faleceu un mozo en Ramirás, Ourense. GARDA CIVIL DE OURENSE
Accidente no que faleceu un mozo en Ramirás, Ourense. GARDA CIVIL DE OURENSE | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta