Por E.P. | PONTEVEDRA | 29/08/2023 | Actualizada ás 16:44
A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, despídese do cargo por xubilación, un adeus polo que foi recibida este martes polo delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco.
No transcurso da reunión, o delegado agradeceu a Maica Larriba o seu traballo durante estes anos á fronte da Subdelegación do Goberno en Pontevedra e a súa "destacable contribución ao impulso das políticas sociais e de igualdade".
Ademais, tamén subliñou o compromiso mostrado "con todos e cada un dos concellos da provincia". Doutra banda, Pedro Branco recibiu tamén este martes ao xefe da área de alta inspección educativa da Delegación do Goberno, Manuel Regueiro, que tamén deixa o seu cargo por xubilación.
A el tamén agradeceu o seu traballo á fronte da área durante este cinco anos e desexoulle o mellor para esta nova etapa que agora comeza.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.