As familias monoparentais en Galicia: do baleiro legal á falta de axudas e consideración

Galicia segue sen un Rexistro de Familias Monoparentais Galegas a pesar de que foi unha das promesas de Feijóo hai 12 anos. En Galicia, o seu número triplicouse desde 2020.

Por Águeda Cernadas | Santiago de Compostela | 02/09/2023 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Galicia segue sen un Rexistro de Familias Monoparentais Galegas, doce anos despois da aprobación da lei 3/2011, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, e dous anos despois da Lei de de Impuso demográfico de Galicia. E iso, a pesar de que as familias monoparentais son cada vez máis comúns no país.

Familia monoparental
Familia monoparental | Fonte: Masola.org

Hai homes que deciden adoptar eles sós a un fillo, mulleres que deciden ser nais solteiras ou  persoas que sofren a perda da súa parella e quedan soas ao fronte dos rapaces. Sexa cal sexa a situación, está claro que a carga que isto supón é moito máis elevada que a que teñen dúas cabezas de familia, xa que esta repártese entre os dous.

Por iso, é importante que haxa unhas leis e axudas comúns que protexan e faciliten, na medida do posible, a situación destas familias monoparentais. Pois, segundo o INE, o 54% delas, no ano 2020, estaban en risco de pobreza. Pobreza que afecta en maior medida ás mulleres, segundo estas estadísticas, dos casi dous millóns de fogares monoparentais rexistrados en España en 2020, o 81,4% estaban integrados por nais con fillos, fronte ao 18,6% restante de pais con fillos.

CASO GALEGO

E como está a situación en Galicia?. Segundo o Informe 'Apuntes sobre las familias monoparentales:una paleta de colores en busca de alguna armonía', publicado  pola autora Julia Ammerman Yebra, aínda hai pouco desenvolvemento normativo sobre esta cuestión.

Así, e aínda que a Lei 5/2021, de 2 de febreiro, de impulso demográfico de Galicia, na que hai unha rúbrica de 'Especial consideración das familias monoparentais' cun plan de apoio ás familias monoparentais, "coa finalidade de mellorar a atención e a cobertura social das súas necesidades", o certo é que non hai moito avance.

Ademais, no apartado segundo do art. 40 Lei galega 5/2021, concédese un prazo de seis meses desde a súa entrada en vigor para a creación do Rexistro de Familias Monoparentais Galegas. Pero, a día de hoxe aínda non consta que se crease tal Rexistro, o que non obsta para que xa se expediran certificados a familias monoparentais. De feito, non fixeron máis que medrar, pasando de 558 no ano 2020 a 1495 no 2021, e 1270 no primeiros seis meses de 2022.

Actualmente é o art. 13 da Lei 3/2011, de 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia o que recolle o concepto de familia monoparental, entendéndose por tal ao "núcleo familiar composto por un único proxenitor ou proxenitora que non conviva con outra persoa coa que manteña unha relación análoga á conxugal e os fillos ou fillas ao seu cargo", e sempre que se cumpra un do seguintes tres supostos: os homes ou as mulleres que afrontan a paternidade ou a maternidade en solitario; as familias formadas por unha ou un cónxuxe viúvo e os fillos e fillas e as familias formadas por un pai ou nai que queda a cargo das fillas e fillos sen que haxa custodia compartida.

En canto á idade que se esixe aos fillos para que se considere familia monoparental, esta comprende entre os 21 anos e 25 (ambas as idades incluídas). Pero débese acreditar que están a estudar, salvo que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33%, caso no que se seguirán considerando parte do núcleo monoparental aínda sen acreditación do requisito de estudos.  

PROBLEMAS AOS QUE SE ENFRONTAN ESTAS FAMILIAS

Que haxa varias formas de formar unha fmailia monoparental fai que haxa moita diversidade, pois aínda que as necesidades sexan similares, a forma de vivilo pode ser diferente. Esta distinción realizábaa a xurisprudencia, por exemplo, en sentenzas como a do TSJ de Madrid de 4 maio 201723, outorgando ás familias de monoparentalidad sobrevida, máis beneficios que ás que se forman pola decisión dun pai ou unha nai que decide selo en solitario, apoiándose en preceptos como o art. 2.2. e), da Lei 40/2003, de 18  de novembro, de Protección ás Familias numerosas.

 

Neste equipárase á familia numerosa ao pai ou a nai con dous fillos, cando falecese o outro 

proxenitor. Isto provocaba que unha nai soa con dous fillos sen discapacidade non cumprise os requisitos para obter o título de familia numerosa, cos beneficios que iso comportaba, e en cambio outra que enviuvara e tivese dous descendentes, si se equiparase. Por tanto, ante unha mesma situación de fondo non había as mesmas oportunidades.

 

Hoxe en día esta situación veuse mellorada, en certo modo, polas novas leis, pero o problema e que estas novas leis non son homoxéneas a todo o territorio polo que dependo da comunidade teráse unha situación máis óptima ou non.  A intención de facer unha norma común basease na búsqueda da igualdade á hora de poder outorgar permisos de conciliación, coidados e beneficios fiscais

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta