Jorge Escudero, novo CEO da multinacional pesqueira Nueva Pescanova

Nos seus máis de 30 anos de experiencia na industria de gran consumo, desempeñou postos de dirección, especialmente no ámbito internacional, en compañías líderes como Coca-Cola, Campofrío, Leche Pascual e Deoleo.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 01/09/2023 | Actualizada ás 17:07

Comparte esta noticia

O Consello de Administración de Nueva Pescanova decidiu propor a Jorge Escudero como novo Conselleiro Delegado (CEO) do grupo, e incorporarase á multinacional pesqueira o próximo 7 de setembro. Segundo informaron fontes da compañía, Escudero (Madrid, 1970) únese ao equipo de Nueva Pescanoca "para liderar e potenciar o crecemento" do grupo e "incrementar a súa rendibilidade".

Así, destacaron a súa "sólida carreira profesional no mundo do gran consumo" e a súa "ampla traxectoria internacional". "Nos seus máis de 30 anos de experiencia na industria de gran consumo, Jorge Escudero desempeñou postos de dirección, especialmente no ámbito internacional, en compañías líderes como Coca-Cola, Campofrío, Leche Pascual e Deoleo", subliñaron desde Nueva Pescanova.

A multinacional puxo en valor, "dentro do seu perfil innovador", a súa "capacidade para impulsar a transformación eficiente en áreas como a comercial, industrial e de cadeas de subministracións (supply chain)". Así mesmo, tamén recalcaron que posúe "un profundo coñecemento e experiencia en mercados internacionais, incluíndo Europa, Asia e Latinoamérica, que lle brindan unha perspectiva global moi valiosa para fortalecer a estratexia de crecemento de Nueva Pescanova".

Por outra banda, referíronse á súa "visión estratéxica, orientada a resultados" e ao seu "liderado inclusivo", co foco posto no "desenvolvemento das persoas", así como á súa experiencia na xestión de equipos grandes e cualificados. Nueva Pescanova apuntou que, con esta incorporación, ABANCA, o principal accionista, "mantén a súa folla de ruta e avanza na reconfiguración do Grupo, desde o seu compromiso para consolidar o proxecto de Nueva Pescanova".

Jorge Escudero, novo Conselleiro Delegado da multinacional pesqueira Nueva Pescanova
Jorge Escudero, novo Conselleiro Delegado da multinacional pesqueira Nueva Pescanova | Fonte: NUEVA PESCANOVA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta