Este luns arrinca a campaña anual de avaliación da calidade dos servizos de transporte público autonómico

As pescudas terán unha duración de sete semanas e incluirán enquisas aos usuarios, non usuarios e centros escolares con transporte integrado, xunto con observacións anónimas co modelo de cliente misterioso.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/09/2023 | Actualizada ás 18:27

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia pon en marcha este luns, 18 de setembro, a campaña anual de traballos de campo dirixida a avaliar a calidade do transporte público interurbano autonómico, "campaña na que se potenciará a participación cidadá". As pescudas terán unha duración de sete semanas e incluirán enquisas aos usuarios, non usuarios e centros escolares con transporte integrado, xunto con observacións anónimas co modelo de cliente misterioso.

O obxectivo principal desta campaña, argumentan nun comunicado, é coñecer a valoración do transporte público por parte dos usuarios. Para iso, realizaranse 13.200 enquisas a bordo dos autobuses e tamén nas paradas. Estes cuestionarios permitirán coñecer o perfil dos usuarios do transporte público autonómico e a utilidade que lle brindan os servizos, e definir a súa satisfacción, segundo os criterios de calidade identificados. Ademais, a maiores das enquisas presenciais previstas, reforzaranse as canles de participación, de tal forma que a cidadanía poida deixar a súa valoración a través do portal www.bus.gal.

Varias persoas esperan autobuses desde unha das dársenas da nova estación de autobuses de Santiago de Compostela
Varias persoas esperan autobuses desde unha das dársenas da nova estación de autobuses de Santiago de Compostela | Fonte: Álvaro Ballesteros - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta