Un camión con madeira envorca en Muíños e obriga a cortar a circulación durante máis de seis horas

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/09/2023 | Actualizada ás 10:23

Comparte esta noticia

O envorco dun camión que transportaba troncos ocorrido na noite do luns en Muíños  obrigou a cortar por completo a circulación da OU-540 en ambos os sentidos durante case máis de seis horas, entre as 22,00 da noite e as 4,25 da madrugada.

O condutor do vehículo, de matrícula portuguesa, saíu practicamente ileso --foi atendido no lugar polos servizos sanitarios-- e deu negativo nas probas de alcoholemia, segundo informan o 112 Galicia e a Garda Civil.

O accidente ocorreu pouco antes das 22,00 horas do luns no quilómetro 56 da OU-540, na parroquia de Parada de Ventosa, en Muíños. A circulación quedou completamente interrompida tanto polo camión como pola carga que transportaba, que quedou pola calzada.

Así, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazou unha ambulancia ata o lugar dos feitos e os servizos médicos atenderon ao condutor, que finalmente non tivo que ser evacuado.

Camión de troncos envorcado na OU-540 en Muíños
Camión de troncos envorcado na OU-540 en Muíños | Fonte: GARDA CIVIL - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta