Investigados catro condutores na provincia de Lugo, un implicado nun accidente, por superar a taxa de alcol

Segundo informaron fontes da Garda Civil, na madrugada do pasado sábado, rexistrouse un accidente no termo municipal de Meira. Alí, un turismo sufrira unha saída de vía e chocara posteriormente contra un poste de formigón. O condutor, de 33 anos de idade, foi trasladado a un centro hospitalario e sometido alí a unha proba de alcoholemia, que arroxou resultado positivo, cun índice tres veces superior ao máximo permitido.

Por Europa Press / Redacción | LUGO | 26/09/2023 | Actualizada ás 13:01

Comparte esta noticia