Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 11/10/2023 | Actualizada ás 12:37
Unha inundación no CEIP O Mosteirón, en Sada, inutilizou o comedor polo que a comida prevista substituirase por un picnic, segundo informou do consistorio tras o aviso recibido a primeira desta mañá pola dirección do centro, alertando dos feitos, ocurridos no piso superior do inmoble.
O consistorio mobilizou ao Servizo de Emerxencias Municipal, así como aos operarios de obras e servizos para achicar a auga acumulada durante toda a noite, así como para establecer vías de achique.
Da mesma maneira a concellaría de Educación mobilizou á concesionaria da subministración eléctrica para revisar a zona eléctrica afectada tamén pola inundación. Así mesmo a concellaría dispuxo deshumidificadores para que durante o día de hoxe e xoves (non lectivo) se poidan minimizar a humidade existente.
"Esta inundación que nace da zona de limpeza do inmoble fixo que se alagase a zona de cociña e comedor", explica o consistorio en relación aos feitos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.