@meryfos: "O que me preocupa é se pensan que as burradas que di Virtudes as di de verdade"

María Foscaldo, coñecida pola súa personaxe de Virtudes 'a repunante' en redes é a nosa novena convidada a Laretando!

Por Patricia Otero | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/10/2023 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Quen non coñece a Virtudes hoxe en día? Esta personaxe que naceu fai un aniño converteuse nunha das caras máis famosas de TikTok e das redes en xeral. Con vídeos que superan o millón de visualizacións, nós tivemos o placer de conversar con María Foscaldo -meryfos-, a persoa que está detrás deste gran éxito.

Noveno episodio de Laretando con @meryfos
Noveno episodio de Laretando con @meryfos

Con ela falamos en profundidade desta personaxe e de todo a que a rodea, tamén tocamos o seu soño frustrado de ser presentadora de televisión - cunha moral final moi importante- e tamén puxemos unha serie de exemplos de persoas repunantes que nos poñen dos nervios. Todo isto no novo episodio de Laretando, dispoñible en YouTube, Spotify e Podgalego!

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta