Morreo o conductor que caeu ao mar co seu vehículo en Vilanova de Arousa

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/10/2023 | Actualizada ás 11:33

Comparte esta noticia

O home que, na madrugada deste sábado, caeu ao mar co seu vehículo na localidade pontevedresa de Vilanova de Arousa faleceu. Foi un particular o que avisou do suceso ao 112 Galicia e informoulle de que vía as luces acesas e como o coche flotaba na auga, pero non vía saír a ninguén.

Pilotes láminas instalados no peirao de Vilanova de Arousa
Pilotes láminas instalados no peirao de Vilanova de Arousa | Fonte: USC.

Salvamento Marítimo rescatouno con vida. Era o único ocupante do vehículo que caeu no peirao da localidade pontevedresa de Vilanova de Arousa. Segundo informou o 112, o suceso tivo lugar minutos antes de unha da madrugada deste sábado e foi un particular o que avisou do suceso e informou de que vía as luces acesas e como o coche flotaba na auga, pero non vía saír a ninguén.

Ademais informaron a Portos de Galicia e aos efectivos do Servizo Municipal de Protección Civil de Cambados, que se desprazaron co seu equipo de mergulladores. No lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que no interior de vehículo, que estaba a uns tres-catro metros de profundidade había unha persoa, polo que Salvamento derivou unha embarcación.

Tras rescatar o vehículo da auga e comprobar que era o único ocupante os profesionais sanitarios evacuaron ao home, reanimárono e trasladárono en ambulancia ao Hospital Montecelo de Pontevedra.

ACCIDENTE NA AP-9

Por outra banda, na mañá deste sábado a central de emerxencias tivo coñecemento dun accidente en Vigo, concretamente na AP-9, entre os dous túneles de Candeán e o da Madroa.

Foron varios os particulares que contactaron, ao fío das 8,00 horas, para informar de que un coche se precipitou por un desnivel desde unha vía de servizo cara á AP-9.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta