Preocupa a caída de produción marisqueira nun ano "excepcionalmente chuvioso"

O conselleiro de Mar, Alfonso Villares, apunta que no marisco inflúen factores ambientais, meteorolóxicos e oceanográficos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/10/2023 | Actualizada ás 20:19

Comparte esta noticia

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, recoñeceu que a "preocupación este ano é importante" porque "hai uns problemas de produción" de marisco que "son evidentes", "producido" por un exercicio "excepcionalmente chuvioso" con baixadas da salinidade que provocan mortaldade do recurso, unido a unha alta temperatura do mar.

Así, informou de que a produción do marisqueo galego o ano pasado roldou as 7.500 toneladas, "levemente inferior a media", aínda que a facturación subiu un 4%, ata un total de 71 millóns. Villares remarca que no marisco inflúen factores ambientais, meteorolóxicos e oceanográficos, que "motivan esas oscilacións cíclicas que se observan ao longo da serie" de "subidas e baixadas" da produción, "con dentes de serra"; pero "non hai ningún tipo de varita máxica". Así mesmo, compromete que se tomarán as medidas que sexan necesarias para contribuír a paliar a situación de baixa produtividade actual en Noia e a ría de Arousa.

Diso informou o conselleiro en resposta a unha pregunta no pleno do Parlamento galego do deputado socialista Julio Torrado, quen denunciou que o Goberno "segue negando a realidade" dunha "evidente perda de capacidade de producir". Así, Torrado demanda que se actúe para rexenerar as rías mediante dragaxes e que se faga un protocolo "ben" de baleirado de encoros para que a auga doce non mate ao marisco.

Lonxa de marisco en Burela
Lonxa de marisco en Burela | Fonte: Carlos Castro

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta