Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/10/2023 | Actualizada ás 11:22
O conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, avanzou que se vai a propor ás organizacións sindicais a aprobación dunha oferta pública de emprego (OEP) con máis de 600 prazas de acceso libre na Administración Xeral para 2023.
A estas prazas poderán acceder aquelas persoas que cumpran os requisitos esixidos nas correspondentes convocatorias e que queiran acceder a un posto na Administración galega. A isto engádense as prazas de promoción interna e as de funcionarización, de modo que o total da oferta para este ano superará as 900 prazas.
Así o anunciou o conselleiro durante a súa comparecencia en comisión parlamentaria para dar conta dos orzamentos galegos para 2024, que se aumentan un 5% e alcanzan os 13.257 millóns.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.