'Rapa' adéntrase no estaleiro de Navantia Ferrol que "visualmente é poderosísimo"

A exitosa produción de Movistar+ ten previsto finalizar nuns días.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/11/2023 | Actualizada ás 18:37

Comparte esta noticia

A terceira tempada da exitosa serie 'Rapa', que se emitirá na plataforma Movistar+, completa estas xornadas os seus últimos días de rodaxe e faino nas instalacións de Navantia Ferrol, un estaleiro que comparte agora os seus característicos guindastres cegoña con cámaras e outros utensilios destinados ao mundo audiovisual.

As bancadas e diques, ademais de talleres, acollen aos diferentes actores nunha trama que porá o punto e final a unha triloxía que tivo ao norte da provincia da Coruña como escenario. Nunha xornada de traballo cos actores, ademais de creadores e director, o estaleiro ferrolán tamén está a quedar inmortalizado como lugar no que transcorre a terceira tempada da trama, onde o mundo naval entrelázase coa corrupción e o ámbito empresarial.

Os actores principais, Javier Cámara e Mónica López, detallaron que en Ferrol se sentiron "como en casa", a pesar de que lles choveu "moito nesta tempada", detallou o intérprete de Tomás. A encargada de dar vida a Maite detallou que "na segunda tempada coñecemos o Arsenal Militar, agora Navantia, e por iso coñecemos mellor a Ferrol", incidindo que a ambos lles "encanta Ferrolterra, toda a comarca, as praias, as montañas, as xentes, que son fascinantes" e onde notaron "moito agarimo".

MOITA EMOCIÓN

Pola súa banda, o director da serie, Jorge Coira, asegurou que esta terceira tempada "ten algo moi especial" en canto a que pecha unha historia da que están como "moi namorados desde o principio" e que ten "uns personaxes moi poderosos", en alusión a Tomás e Maite. Tamén incidiu en que parte da trama ocorre "nun dos lugares máis importantes desta cidade, que é o estaleiro" que, ademais de ser como un motor económico moi claro da zona, "visualmente é poderosísimo". 

Por último, apuntou que, ao ser esta a última tempada, converteuse en algo para el "moi potente", xa que é "unha serie á que ten moito agarimo". Tamén dixo que está "lonxe de ser unha tempada conservadora en canto xa sabemos como funciona e repite fórmula".

odaxe en Galicia da terceira tempada da serie Rapa / MOVISTAR PLUS / Europa Press
odaxe en Galicia da terceira tempada da serie Rapa / MOVISTAR PLUS / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta