Outra xornada de ventos de ata 120 quilómetros horas e intensas choivas en Galicia

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/11/2023 | Actualizada ás 20:16

Comparte esta noticia

A costa do municipio lugués de Viveiro rexistrou refachos de vento de case 120 quilómetros por hora na tarde deste sábado, na que Galicia está en aviso amarelo por precipitacións.

Segundo os medidores de Meteogalicia, o interior da provincia de Pontevedra é a zona onde máis auga caeu este sábado cos 56,3 litros por metro cadrado de Cuntis.

En canto aos ventos, que manteñen en aviso amarelo á costa de Lugo, a estación situada no alto viveirense de Penedo do Galo captou un refacho máximo de 118 km/2. Na Pontenova (Lugo), Cervantes (Lugo), Baleira (Lugo), Vimianzo (A Coruña) ou Cuntis (Pontevedra) tamén soprou con intensidade o vento, con refachos que roldaron o 90 km/h.

Unha persoa fotografa o mar embravecido, mentres o vento move a melena ao seu acompañante, a 4 de novembro de 2023, na Coruña, Galicia (España). A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) activou na Coruña o aviso vermello pola chegada da. M. Dylan - Europa Press
Unha persoa fotografa o mar embravecido, mentres o vento move a melena ao seu acompañante, a 4 de novembro de 2023, na Coruña, Galicia (España). A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) activou na Coruña o aviso vermello pola chegada da. M. Dylan - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta