Milei é Abascal

Quizais as próximas eleccións presidenciais da Arxentina convértanse nas máis insólitas, imprevisibles e as máis perigosas eleccións de toda a historia democrática burguesa deste país.

Por Lois Pérez Leira | Bos Aires | 14/11/2023

Comparte esta noticia
A aparición política de Javier Milei, un dirixente prefabricado polos medios do sistema,  o apoio de EEUU e a oligarquía, pon ao país nun gran dilema: votar a un desequilibrado neofascista ou  votar por Sergio  Massa, o menos malo da película. Massa non puido como Ministro de Economía dar solución aos graves problemas económicos, pero a pesar diso conta co apoio da maioría do tecido político e social moderado do país. Poderiamos dicir dos sectores democráticos da Arxentina.
 
Se gaña Sergio Massa estará presionado por dous polos distintos, por unha banda o FMI e as súas políticas neoliberais e do outro lado o Movemento Nacional e Popular, a esquerda etc. Mentres que o hipotético triunfo de Javier Milei cos seus anuncios “esquizofrénicos·, xerará un conflito político e social nunca visto. Para poder cumprir co seu programa reaccionario -desfasado da historia-, terá que recorrer á represión e os arxentinos aguantan… aguantan…, pero cada tanto estoupan... e violentamente. Lembren  o Cordobazo, a saída vergoñosa e sanguiñenta do preidente De La Rúa.
 
Non hai dúbida que é necesario que todo o arco democrático incluíndo a Fronte de Esquerda lle dea o seu voto a Massa, aínda que sexa un voto crítico. Aínda que algúns se coman outro sapo.
 
Gañe quen gañe o día despois das eleccións, terá que amencer  outra Arxentina. Xa a actual clase política cumpriu un ciclo, con acertos e erros. Os problemas estruturais non se puideron resolver. Falta unha política estratéxica que determine que país se quere. Aínda están vixentes as históricas bandeiras de liberación dos anos 60 e 70. Aínda soa o berro de Liberación ou dependencia. A pesar dos anos, aínda a maioría dos pensamentos do Xeneral Perón seguen vixentes, nun país dependente. 
 
Nunca como no primeiro e segundo goberno do Xeneral Perón se deron as bases para a construción dun país independente, con xustiza social. Había un proxecto de país. Liderado pola burguesía co apoio da clase traballadora. E iso que o que escribe non é peronista. A sociedade, a xustiza, a economía, a partidocracia, están en crise e requiren, un cambio profundo. Pola contra, a consigna de “que marchen todos”, pódese facer realidade.
 
Soamente a convocatoria a un Congreso Constituínte, que modifique a constitución, democratice a vida política e social, cambie os hábitos corruptos e mafiosos da xustiza, que defenda o Patrimonio Nacional e distribúa máis xustamente das riquezas, poderá  ser unha achega para un verdadeiro cambio, pola contra será  máis do mesmo. 
 
As forzas populares ou patrióticas terán que  “deixar de verse o embigo” e dar os pasos para a constitución dunha verdadeira Fronte de Liberación Nacional Popular. Onde a columna vertebral sexa a clase traballadora e os sectores excluídos da sociedade. Os Galegos e as galegas emigrantes na arxentina deberan acudir a votar contra o neofascismo franquista reevivido por Milei e Abascal no Estado Español.

O ultradereitista da Arxentina Javier Milei
O ultradereitista da Arxentina Javier Milei | Fonte: LPL
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Lois Pérez Leira Naceu en Vigo en 1953, emigrando á Arxentina cos seus pais sendo aínda un neno. En 1990 retorno definitivamente a Galicia, especializándose en temas migratorios. Durante estes últimos anos escribiu numerosos libros sobre a emigración galega e impartiu distintas conferencias en distintos países do mundo. Nos últimos anos se dedicou ao documentalismo sendo director de 18 documentais. Na actualidade é o secretario xeral de Nova Esquerda Socialista, organización que participa do Novo Proyecto Común. Foi distinguido en numerososa oportunidades, sendo nomeado cidadán ilustre da cidade de Salvador de Bahia.