O PP rexeita as emendas da oposición e os orzamentos galegos para 2024 continúan a súa tramitación

BNG e PSdeG apostan por medidas como recuperar a Tarxeta Básica, mentres Corgos critica que queiran subir impostos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/11/2023 | Actualizada ás 18:08

Comparte esta noticia

O Partido Popular rexeitou as emendas transversais presentadas polo BNG e PSdeG aos orzamentos galegos para 2024, que agora continúan co trámite parlamentario de á cara súa aprobación definitiva prevista para o 19 de decembro. Previamente ao debate desta tarde, na mañá deste luns o PP xa tombou as emendas á totalidade aos orzamentos presentadas polos grupos da oposición. Agora, o trámite parlamentario das contas galegas para o próximo ano continúa coa elaboración do informe de relatorio os días 28 e 29 de novembro. Os días 7, 11 e 12 de decembro resérvanse para o ditame de comisión. Posteriormente, as contas volverán o 19 de decembro ao pleno do Parlamento para a súa aprobación definitiva, nos que serán os segundos presupostos de Alfonso Rueda como presidente da Xunta e os últimos desta lexislatura antes de eleccións autonómicas.

A deputada Noa Presas presentou a proposta do BNG que pasa por un incremento do gasto en 209 millóns, que inclúen 54 propostas estratéxicas para un "xiro de 180 graos" ás políticas populares.Entre outras propostas, o Bloque propón: un plan de vidas dignas fronte a unha Xunta que segue sen harmonizar o ingreso mínimo vital (IMV) e a Risga, un aumento de pensións non contributivas, bolsas anticrises para o ensino público, un plan de acollida de migrantes, así como dedicar un 3% do orzamento á ciencia.

Pola súa banda, a deputada socialista Begoña Rodríguez Rumbo defendeu unha emenda transversal do PSdeG para mobilizar 470 millóns de face á reactivación económica e industrial de Galicia. Unhas contas da Xunta nas que ve un "fin de ciclo" para a chegada de José Ramón Gómez Besteiro como "presidente da Xunta de Galicia".Pide elaborar "urxentemente" un plan de emprego, despois de deixar sen executar "585 millóns" esta lexislatura, así como un plan de loita contra a pobreza no que se reactive a Tarxeta Básica.

CORGOS, EN CONTRA DE SUBIR IMPOSTOS

Pola súa banda, o conselleiro de Facenda, Miguel Corgos afeou que a proposta do BNG supón querer recadar 210 millóns con medidas que "non pasan o máis mínimo filtro de técnica tributaria nin facenda". "Nós queremos baixar os impostos sempre que se poida", sostén. Sobre as emendas do PSdeG, Corgos recrimina que "falta" un modelo económico e unha aposta polo I+D+i. Tamén censura que os socialistas queren subir impostos en 259,4 millóns.

Asegura que analizaron "con detalle" as propostas da oposición, pero deixa claro que: "Non resulta posible aceptar certas propostas porque suporían ter que renunciar ao noso modelo orzamentario".

O conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, no Parlamento. XUNTA
O conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, no Parlamento. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta