O gasto en vivenda, auga, gas, electricidade e alimentación supón case o 40% do gasto nos fogares galegos

Os salarios dos traballadores galegos perden peso sobre o PIB

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/12/2023 | Actualizada ás 10:59

Comparte esta noticia

A masa salarial dos traballadores supuxo o 35,1% do Produto Interior Bruto (PIB) en 2021, o que supón unha caída de máis dun punto fronte ao 36,6% de 2020, segundo os datos que publica o Instituto Galego de Estatística (IGE) este venres.

E é que os salarios supuxeron 22.789 millóns de euros en Galicia en 2021, un 6,4% máis, pero este incremento é catro puntos inferior ao do PIB. Pola súa banda, o 43,7% dos soldos son percibidos por mulleres. No colectivo feminino destaca o sector servizos como o principal provedor de rendas salariais xa que estas supoñen o 88% do total.

En función do nivel educativo, o 58% da masa salarial en Galicia correspóndese con traballadores con educación superior. O 19% ten segunda etapa de educación secundaria e o 22% restante conta con primeira etapa de secundaria ou inferior. Obsérvase que durante a crise de 2008 destruíuse principalmente emprego de sectores que empregan man de obra con menores estudos, como pode ser a construción.

Pola súa banda, os fogares cuxa principal fonte de renda son as remuneracións do traballo concentra a maior parte do gasto en consumo final dos fogares, o 64,8% do total en 2021. Os fogares coas pensións contributivas como principal fonte de renda realizan o 32,3% do gasto. Unha taxa que cae ao 2,9% do gasto nos fogares de prestacións non contributivas.

O gasto en vivenda, auga, gas, electricidade e produtos alimenticios supón o 38,7% do gasto dos fogares galegos en 2021. Esta taxa varía entre fogares con rendas do traballo (34,7% do gasto) e os fogares con ingresos de pensións ou prestacións de desemprego (46,2%).

Un cable, diñeiro e unha factura de luz.
Un cable, diñeiro e unha factura de luz. | Fonte: Alberto Ortega

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta