José Fernando Martínez Quiroga será o novo fiscal delegado de violencia sobre a muller en Galicia

Ocupará o posto que estaba vacante desde xuño, cando presentou a súa renuncia ao mesmo Rosalina Carreira Cotado, que ostentaba o cargo desde o 2018.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/12/2023 | Actualizada ás 13:54

Comparte esta noticia

José Fernando Martínez Quiroga foi nomeado novo fiscal delegado da especialidade de Violencia sobre a Muller en Galicia, como recolle este martes o Boletín Oficial de Estado (BOE).

Quiroga, que ata agora ocupaba a responsabilizade de fiscal delegado de violencia sobre a muller na provincia da Coruña, ocupará o posto que estaba vacante desde xuño, cando presentou a súa renuncia ao mesmo Rosalina Carreira Cotado, que ostentaba o cargo desde o 2018.

O decreto co seu nomeamento publicado este martes no Boletín Oficial de Estado sinala que o pasado día 3 de novembro tivo entrada na Inspección Fiscal da Fiscalía Xeral do Estado escrito do fiscal superior galego no que se propuña o nomeamento de Martínez Quiroga como delegado autonómico desta rama.

Para cubrir a praza, o fiscal superior galego comunicou aos fiscais xefes das provincias de Galicia a necesidade do nomeamento e abriu un prazo para que os fiscais provinciais delegados puidesen solicitala.

Conforme sinala o BOE, o único peticionario foi José Fernando Martínez Quiroga, de quen o fiscal superior destaca os seus méritos para desempeñar o cargo.

Sede TSXG
Sede TSXG | Fonte: E.P. - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta