Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/12/2023 | Actualizada ás 18:31
A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, asistiu este martes en Bruxelas á conferencia de celebración do décimo aniversario da Vanguard Initiative, rede europea dirixida a impulsar a colaboración interrregional en innovación. Neste contexto, anunciouse o lanzamento de Vinnovate, "un innovador instrumento de financiamento para apoiar proxectos de innovación".
"En colaboración interregional orientados a satisfacer as necesidades das empresas, cuxa primeira convocatoria se publicará en 2024", precisan desde a Consellería de Economía.
A Xunta explica que o seu obxectivo, a través da súa participación nesta rede, é buscar oportunidades en Europa para captar fondos e promover a innovación nas empresas galegas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.