Centros de saúde e hospitais, abertos para vacinarse contra a gripe e a covid

O Sergas habilitará o sábado 16 e domingo 17 de decembro puntos de inmunización contra a gripe para nenos de 6 a 59 meses

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/12/2023 | Actualizada ás 13:57

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) pechará este sábado os 'vacunódromos', pero todo aquel que desexe recibir a vacina contra a gripe ou a covid-19 poderá pedir cita previa para inmunizarse contra estas dúas enfermidades a partir deste luns, 11 de decembro, ben en centros de saúde ou ben en hospitais.

A Dirección Xeral de Saúde Pública fai un chamamento a todos os galegos a vacinarse. Para as persoas de 80 e máis anos, seguirá dispoñible a posibilidade de pedir vez no seu centro de saúde de cabeceira para recibir a vacina da covid e a gripe.

Aínda que, se o prefiren, teñen a opción de ir aos hospitais, como terán que facelo o resto dos menores de 80 anos que teñen indicada a inmunización. Para iso, deben coller autocita nos días e horas dispoñibles, que se poderán consultar na seguinte ligazón: https://coronavirus.sergas.es/Contidos/PUNTOS-VACINACION-COVID-GRIPE-2023

Con todo, tamén está a posibilidade de inmunizarse unicamente contra a gripe, para o que poden acudir ao seu centro de saúde mediante o sistema de citas habitual.

VACINA DA GRIPE PARA NENOS DE ENTRE 6 E 59 MESES

Por outra banda, a partir do fin de semana do 16 e do 17 de decembro, o Sergas habilitará nos hospitais puntos para a vacinación da gripe en nenos de entre 6 e 59 meses (menores de cinco anos). Trátase dun novo chamamento co que o Sergas quere "facilitar a conciliación", posto que xa é posible facelo calquera día da semana nos centros de saúde. A convocatoria será tamén por SMS.

Sanitarios vacinan a persoas maiores de 80 anos coa dose de Moderna
Sanitarios vacinan a persoas maiores de 80 anos coa dose de Moderna | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta