Inauguración en Ourense da mostra 'Xulio Gil. Retratos dun tempo da plástica galega', con 101 fotografías

A mostra conta co comisariado de Javier Limia Gardón e estará aberta ao público ata o 21 de xaneiro, de luns a venres en horario de 17.30 a 20.30 h e sábados, domingos e festivos de 12.00 a 14.00 h e de 17.30 a 20.30 h.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 11/12/2023 | Actualizada ás 19:49

Comparte esta noticia

A Sala de Exposicións Afundación de Ourense acolle desde este luns 11 de decembro, a mostra 'Xulio Gil. Retratos dun tempo da plástica galega', realizada en colaboración coa Xunta de Galicia a través da Consellería de Cultura. Á inauguración acudiron o vicepresidente de Afundación, Xosé Carlos Caneiro; o director xeral de Cultura da Xunta, Anxo Lorenzo; o comisario da exposición, Javier Limia; o escultor Xosé Cid e o fotógrafo autor das obras, Xulio Gil. A mostra conta co comisariado de Javier Limia Gardón e estará aberta ao público ata o 21 de xaneiro, de luns a venres en horario de 17.30 a 20.30 h e sábados, domingos e festivos de 12.00 a 14.00 h e de 17.30 a 20.30 h.

Segundo explican nun comunicado, a exposición inclúe 101 retratos fotográficos de grandes figuras contemporáneas das artes plásticas galegas, como Acisclo Manzano, Manolo Buciños, Xosé Cid, Ignacio Basallo, Xaime, Antonio e Fernando Quessada, Arturo Baltar, Manuel Figueiras, Xurxo Ouro Claro, Ramón Conde, Alexandro, Baldomero Moreiras, Cochorro, Manuel Vidal, Ana Legido, Miguel Carballo, Antón Pulido, Vidal Souto, Manuel Vidas, Sula Repani ou Carmucha Vázquez Prat. Esta exposición, da cal se editará un catálogo, tivo as súas orixes no ano 1988, con motivo da mostra 'Antropolóxicas', promovida por Enrique Acuña no Museo de Pontevedra, e logo continuada a instancias de Antón Pulido para ilustrar con fotografías a colección Artistas Galegos.

Xulio Gil
Xulio Gil | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta