A fenda salarial aumenta en Galicia en 2022: as mulleres xa cobran de media 4.519 euros menos que os homes

Esta é menor que os 4.999 euros de diferenza no país.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/12/2023 | Actualizada ás 19:09

Comparte esta noticia

A fenda salarial entre sexos acrecéntase en Galicia durante 2022. As mulleres (19.666 euros) cobraron de media 4.519 euros menos que os homes (24.185 euros), unha subida de 281 euros fronte aos 4.238 euros de diferenza que había o ano anterior.

Esta fenda salarial galega é menor que os 4.999 euros de diferenza no país, pero os salarios medios en España son maiores tanto para homes (25.137 euros) como para mulleres (20.138 euros). De feito, a fenda salarial de Galicia, cunha media de ambos os sexos de 21.999 euros, respecto ao Estado (22.781 euros) tamén empeora en 2022, dado que se sitúa en 782 euros, cando en 2021 era de 733 euros. A diferenza mínima entre a comunidade e o conxunto do Estado tivo lugar en 2020 (603 euros).

O número de persoas que recibiron en 2022 un salario incrementouse ata as 1.067.825 en Galicia. Os 21.999 euros de media son a maior cifra na serie histórica. En Galicia, o maior salario en 2022 rexístrase no sector de entidades financeiras (35.680 euros), mentres que o menor é o doutros servizos persoais e de lecer (11.109 euros).

Unha muller durante unha manifestación convocada por Plataforma Feminista Galega e Marcha Mundial dás Mulleres, polo 8M, Día Internacional da Muller, a 8 de marzo de marzo de 2023. M. Dylan - Europa Press - Arquivo
Unha muller durante unha manifestación convocada por Plataforma Feminista Galega e Marcha Mundial dás Mulleres, polo 8M, Día Internacional da Muller, a 8 de marzo de marzo de 2023. M. Dylan - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta