Preséntase ante o Goberno a petición de declaración de zona catastrófica de rías da Coruña e Pontevedra

Hai uns 5.000 mariscadores afectados pola mortaldade do produto.

Por Europa Press / Redacción | | 20/12/2023 | Actualizada ás 20:17

Comparte esta noticia

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, informou de que a Xunta presentou este mércores ante a Delegación do Goberno a petición de declaración de zona catastrófica para as rías das provincias da Coruña e Pontevedra.

En declaracións con motivo dunha reunión en Santiago coas confrarías, o conselleiro explicou que se decide tomar esta decisión ante a mortaldade existente de mariscos nas rías debido a unhas "altísimas precipitacións" e "baixa salinidade da auga". Estima que son uns 5.000 os mariscadores afectados por esta problemática, polo que espera que "sexa tida en conta" polo Executivo central, xa que hai "moitas familias que viven deste recurso e teñen que ter unha axuda".

Villares pide a "mesma sensibilidade" que tivo o Gobieno para outorgar en setembro estas declaracións a outras autonomías por temas como incendios e choivas. "Ata o momento ninguén se puxo en contacto connosco", critica o conselleiro, segundo di, para "tentar botar unha man". Sobre prazos para a luz verde á petición, agarda que "canto antes, mellor". Paralelamente, explica que se abordará coas confrarías un "plan de acción" para os próximos anos no que se deseñe: "Como queremos traballar". 

As CONFRARÍAS PIDEN ESTUDOS

Pola súa banda, o presidente das confrarías galegas, José Antonio Pérez Sieira, remarca que esta medida suporía unha "vantaxe moi grande", dado que hai "moitos" afectados que non cumpren cos requisitos de días traballados nos últimos dous anos para cobrar polo cesamento de actividade, polo que con esa declaración "entrarían todos os mariscadores".

Neste sentido, o responsable das confrarías da provincia da Coruña, Daniel Formoso, avisou de que "isto que está a pasar non é algo que pase todos os anos", pero demanda ao conselleiro que se fagan "uns estudos profundos", posto que o marisqueo vai "a menos" desde hai uns anos e "a xente está moi nerviosa".

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares./ CONCHI PAZ / Europa Press
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares./ CONCHI PAZ / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta