O futuro de La Voz

A saída de Bieito Rubido da dirección de La Voz de Galicia non será o único cambio que se produza neste medio de comunicación. Segundo nos contan, no futuro podería ter lugar unha reestructuración dos seus altos cargos; subdirectores, redactores xefes e xefes de sección. Tamén se barralla sustituir no futuro o novo director en funcións, José Luis Vilela, e xa comezan a sonar nomes...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 23/03/2006 | Actualizada ás 13:34

Comparte esta noticia

None

Sobre a saída de Rubido, a fontes consultadas coinciden en que foi forzada, aínda que pactada. "Pois parece que o periodico non seguía a liña grafica adecuada do presidente, parecelle un comic e cos últimos cambios que se fixeron na imaxe (culpa do novo director que veu do marca ) sen teres informado o presi", apuntaronnos.

Outros atribueno a caída de número de lectores:

"Tras la destitución de Bieito Rubido como director de La Voz de Galicia el presidente de la Corporación Voz, Santiago Rey, asume sus funciones como editor del periódico líder en Galicia implicándose en el día a día informativo. Quiere un periódico más serio y menos superficial. Entre sus planes a corto plazo están el buscar a un nuevo director o confirmar en su cargo a Xosé Luis Vilela, actual director en funciones. Otra de las iniciativas que Rey ha anunciado en círculos internos es que tiene decidido "aligerar" la abultada mancheta del diario porque ve excesivo el número de cargos. Actualmente un tercio de la plantilla de la redacción central son directivos, repartidos entre subdirectores, redactores jefe, jefes de área y jefes de sección. La principal causa de esta cadena de cambios es la bajada de La Voz en número de ejemplares e intentar que el periódico permanezca en el selecto club de rotativos nacionales que venden más de 100.000 ejemplares diarios".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

8 fernando

1.É un señor que só sabe falar de sexo e de fútbol, como todo o mundo que coñece.

2. , tras esa fachada de suposto progresismo filobloqueiro, é un dos tipos máis reaccionarios da prensa galega, pola súa covardía. É responsable de moitas das barbaridades que se teñen cometido nos últimos tempos, por non ir máis atrás.

3. caeu porque perdeu a batalla co conselleiro delegado, que está asesorado xornalisticamente por Sanchez, do Opus Dei. Agora teñen a un seu. Se lles vale, tirarán millas. Senón buscarán a outro. Para o dono, o millor sería ter a alguén que o puidera conducir un pouco, pois senón vai botar de menos a Rubido.

4. O problema da redacción non reside tanto no número dos cargos, que pode ser similar aos de xornais do seu tamaño, senón a súa calidade profesional, cuestión especialmente sangrante nos nomeamentos promovidos por Vilela.

7 Ricardo

O presidente din que está pensando en como recuperar o prestixio de La Voz nos anos da transición, porque é co que cortou pola brava o seu fillo cando lle deu o poder, e forzou que se fosen do xornal os xornalistas que tiñan máis credibilidade e experiencia, memoria e vocación.
Algúns deles siguen en activo, outros dedícanse á formación de nvos xornalistas.
´Sería un bo camiño para que LVG, sempre que deixe de depender para todo dos diñeiros públicos,recuperase a súa conexión coa sociedade, que a perdeu hai tempo. Que a cabeceira lider teña un equipo de direción con capacidade de iniciativa e con autoridade fronte a conselleiros, alcaldes, directores das caixas, empresarios da construción e robertosblancos e demais ralea da dereita máis carpetovetónica, que é a que recolleu de non se sabe onde e por razóns oscuras Bieito Rubido para as páxinas de opinión, sería decisivo.
Pero tamén pode suceder todo o contrario. Que o presidente afonde na súa megalomanía empresarial e queira dirixir el mesmo o xornal, porque xa non confía en ninguén. Se fose así, malo para todos.

6 nemo

Grazas pola explicación a Galicia Confidencial.

E querido tonto: as 12:34 PM son sempre anteriores ás 01:34 PM.

5 xeito

O mellor que lle pode pasar á Voz de Galicia é que acabe a política de subvencións, porque probablemente sería un dos dous únicos xornais capaces de manterse igualmente en pé. O que pasa é que nin o PSOE nin o BNG están pola labor de rematar con esta sangría. É máis, xente como Losada, asesor de cabeceira de Quintana, presume por aí do que lle custa tal ou cal portada.

4 Galiciaconfidencial

Desculpade polo tema horario. Hai un desfase dunha hora na publicación dos comentarios. É dicir, vos publicades a nova as 04:00 PM e vai aparecer sempre as 03:PM. É un problema que temos dende o comezo e que estamos agardando solucionar cando renovemos a páxina, proceso que será cando os caritativos amigos informáticos teñan tempo e nolo poidan facer sen cobrar un peso, como facemos todo isto.