Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/12/2023 | Actualizada ás 18:34
As tomas falsas do vídeo gravado con motivo do Nadal polo candidato socialista á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, e publicado nas súas redes sociais, logrou máis de 200.000 visualizacións en 24 horas.
Así o informaron desde o partido, destacando as 79.000 visualizacións en Instagram, ás que se suman case 74.000 en Facebook e máis de 63.000 entre Tik Tok e X. En total, 223.000 visualizacións en 24 horas.
Todo iso despois de que o sábado o candidato socialista fixese pública a súa felicitación de Nadal con motivo destas datas e con posterioridade publicase outro con tomas falsas e a aparición espontánea dunha muller que lle pediu unha foto cando estaba a gravar e que logo se identificou como votante do PP.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.