A Xunta anuncia a construción de 201 vivendas públicas en Galicia en plena precampaña electoral

Serán 127 vivendas en Vigo e 74 en Pontevedra.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/12/2023 | Actualizada ás 14:59

Comparte esta noticia

A Xunta prevé arrincar en 2024 a construción de 127 vivendas de promoción pública no barrio vigués de San Paio de Navia, máis outros 74 pisos en Valdecorvos, en Pontevedra, para destinalos a aluguer social. Ademais, rehabilitaranse inmobles en Ferrol, Mondoñedo (Lugo), Viveiro (Lugo), Ourense e Ribadavia (Ourense).

Así o anunciou o presidente galego, Alfonso Rueda, ao termo da reunión semanal do seu goberno na que se deu 'luz verde' á partida de 50 millóns de euros coas que se acometerán as obras. A maioría do orzamento, uns 26 millóns, será para as vivendas de Vigo.

Rueda explicou que se trata de avanzar na xa anunciada ampliación do parque público de vivendas, co "compromiso" de chegar ás 5.600 para o ano 2026.

Consello da Xunta presidido por Alfonso Rueda
Consello da Xunta presidido por Alfonso Rueda | Fonte: Xunta

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta