O 2 de xaneiro saen á venda os primeiros 500 abonos do Festival Revenidas

Celebrarase do 12 ao 15 de setembro de 2024 en Vilaxoán e os primeiros abonos poderán adquirirse antes incluso de coñecer o seu cartel.

Por Galicia Confidencial | Vilagarcía de Arousa | 01/01/2024 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Os abonos para o Revenidas 2024 poderán mercarse a partir das 12.00 horas do martes 2 de xaneiro na web www.revenidas.com. O excepcional prezo destes 500 primeiros abonos será de 46 euros  máis gastos de xestión.

Revenidas (2022)
Revenidas (2022) | Fonte: Foto cedida pola organización do festival - Arquivo

As persoas que merquen esters abonos tamén poderán reservar xa a zona de acampada dende a propia web, abonando o suplemento correspondente

Aínda que o Revenidas non avanzou nada do seu cartel, o festival manterá a súa filosfía de incluir destacadas figuras da escena musical galega, estatal e internacional, tendo moi en conta cuestións como a paridade de xénero ou a presenza de linguas minorizadas. Non faltarán tampouco actividades paralelas como a tradicional sardiñada, a Gala de Circo Solidaria, os concertos a bordo ou o roteiro por Vilaxoán.

OITO CANDIDATURAS NOS IBERIAN FESTIVAL AWARDS

O Revenidas ven de ser nomeado en oito categorías dos Iberian Festival Awards. O festival de Vilaxoán é candidato a: Mellor festival de tamaño mediano, mellor promoción turística, mellor programa cultural, mellor estratexia de comunicación e márketing, mellor concerto en directo de España e Portugal: Dakidarría; mellor fotógrafo de festival: Christian Pérez; mellor cobertura de vídeo: Xoán Tourís; e mellor festival lusófono e español

A gala de entrega de premios da oitava edición dos Iberian Festival Awards terá lugar en Granada o 15 de marzo. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta