Cangas e Teucro, en mans do CSD

O Consello Superior de Deportes será quen decida a vindeira semana sobre a inclusión dos dous equipos galegos na Asobal, malia o apoio da Federación Española e da Asociación de xogadores.

Por gcdeportes | Pontevedra | 25/07/2015 | Actualizada ás 09:02

Comparte esta noticia

Malia o apoio da Federación Española (RFEBM) e da Asociación de Xogadores (AJBM), será o Consello Superior de Deportes quen teña a última palabra sobre a inclusión de Balonmán Cangas e do Teucro na vindeira Liga Asobal.

Os xogadores do Cangas celebran a vitoria coa afección.
Os xogadores do Cangas celebran a vitoria coa afección. | Fonte: Balonmán Cangas

A Asociación de Clubes de Balonmano (Asobal) mantivo este venres na Comisión de Seguimento a súa decisión de excluír aos dous equipos galegos, polo que a falta de unanimidade requerirá a intervención do organismo que preside Miguel Cardenal. A RFEBM enviará con carácter de urxencia un informe ao CSD, cuxa decisión é vinculante.

Tralo 2-1 acadado na comisión de seguimento, todo fai pensar que o Consello Superior de Deportes non irá contra a opinión da Federación e votará na mesma liña, polo que Balonmán Cangas e Teucro recibirían a semana que ven a confirmación da súa participación na liga Asobal, como lles corresponde polos seus méritos deportivos, e poderán esquecer este pesadelo burocrático.

Como no caso do COB coa ACB, a decisión do CSD ten carácter urxente, xa que a vindeira liga principia xa o 5 de setembro. A Asobal, de xeito sorprendente, decidiu o pasado 16 de xullo excluír a Cangas e Teucro da Liga “por incumprir os requisitos administrativos e económicos establecidos” no estatutos.

Ademáis, a RFEBM está decidida a denunciar o convenio acordado coa Asobal por incumprimento do contrato, ao considerar que non está facendo unha promoción axeitada do balonmán a nivel estatal.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta