O crime de Outes, a "crónica dun desastre anunciado" cun asasino "pluripatolóxico"

O acusado de matar a outro nesta localidade padece unha patoloxía delirante, aínda que era consciente dos feitos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/01/2024 | Actualizada ás 13:45

Comparte esta noticia

O home acusado de tentar matar a outro en xullo de 2022 en Outes padece unha patoloxía delirante, segundo un perito que declarou no xuízo que se celebra na Audiencia coruñesa, pero era consciente dos feitos ocorridos, segundo explicou, á súa vez, un especialista do Imelga.

"Desestimei a necesidade de internamento involuntario porque estaba psicoloxicamente estable, relatou os feitos que aconteceron e a motivación dos feitos", sostivo tras velo nas horas posteriores ao sucedido. Fíxoo despois de que o acusado, na súa declaración da primeira xornada do xuízo, dixese que só pretendía dar "un susto" ao home por sufrir agresións previas pola súa banda. No entanto, tamén sinalou que non lembraba "nada" porque estaba "sen medicación".

Un perito que prestou declaración considerou os feitos a "crónica dun desastre anunciado" e indicou que o acusado, que estivera ingresado no hospital de Conxo, era un caso "pluripatolóxico" con función intelectual e cognitiva "afectada". "Aparentemente estás ante unha persoa normal, pero estamos ante un home cunha patoloxía endóxena delirante que pode ser crónica", sentenciou na súa declaración.

TESTEMUÑO DE ACUSADO E VÍTIMA

"Metíase sempre comigo, toda a vida patadas no cu, labazadas e mesmo agresión sexual", manifestou, na súa declaración previa, o procesado que indicou que o día dos feitos estaba "sen medicación" porque lla retirou o seu psiquiatra. "Non me acordo de nada", insistiu. O procesado, ademais, sinalou que el "nunca atropelaría a ninguén". "Eu ao accidentado só quíxenlle dar un susto, non quixen atropelalo para nada, non quería facerlle ningún dano", engadiu.

Á súa vez, a vítima afirmou recibir ameazas por parte do acusado. Sobre o seu estado, os peritos confirmaron lesións nun xeonllo tras o sucedido e secuelas psicolóxicas.

Imaxe do acusado no xuízo
Imaxe do acusado no xuízo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta