Rueda di que "corrixirá os erros" tras detectar o Consello de Contas irregularidades en contratos da Xunta

Di que son de contratos menores e "deses hai moitos" en todas as administracións.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 11/01/2024 | Actualizada ás 15:15

Comparte esta noticia

Consello de Contas detectou usos irregulares de contratos tanto en procedementos abertos como de tipo menor en diferentes entes dependentes do Goberno galego, segundo se recolle nun informe de fiscalización publicado este mércores. En concreto, no 23% das entidades dependentes da Xunta detectouse "a utilización irregular de contratos menores como contratos-ponte para garantir a continuidade dun servizo mentres non se resolvía a licitación a través doutro procedemento". En detalle, identifica a dúas entidades que prolongaron no tempo a situación de transitoriedade encadeando sucesivos contratos menores, o que deu lugar a un acumulado de 3,5 millóns e máis de 129.000 euros en cada caso.

Alfonso Rueda na toma de posesión de Juan Carlos Aladro no Consello de Contas. MONICA ARCAY CARRO
Alfonso Rueda na toma de posesión de Juan Carlos Aladro no Consello de Contas. MONICA ARCAY CARRO

O presidente da Xunta xa saíu ao paso desta información asegurando que aínda non leu o informe pero que "hai unha fase de alegación" e os erros que haxa "serán corrixidos". En todo caso, puntualizou que do que fala Contas é de irregularidades en "contratos menores". "E deses hai moitos en todas as administracións", xustiticou na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.

"Nós temos tamén aos nosos técnicos traballando e se hai algo que corrixir non hai problema en corrixilo. A Xunta corrixe os seus erros, outras administracións xa non sei", respondeu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta