Bombeiros comarcais levantan a acampada do Obradoiro para ir na "busca e captura" dos políticos

Urxen unha nova reunión ás administracións para avanzar na negociación e "non ter que empregar medidas de presión máis contundentes".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/01/2024 | Actualizada ás 15:04

Comparte esta noticia

Os bombeiros comarcais en folga levantarán ao longo deste xoves a súa acampada na Praza do Obradoiro para pasar outra fase de intensificación das súas protestas, o que inclúe a "busca e captura" de políticos ante a falta de avances na negociación. Todo iso nun contexto de precampaña das eleccións galegas, que se celebrarán o 18 de febreiro.

Esta acampada no Obradoiro, iniciada o pasado 15 de decembro, conclúe así despois de máis dun mes porque "o obxectivo foi máis que amortizado", afirma José Luís Parella, membro do comité de folga, en declaracións aos medios este xoves, posto que serviu como "altofalante" para "chegar ao mundo" sobre a súa situación de "carencia grave" de persoal e salarios precarios (levan en folga desde o 15 de xuño). Agradece a "solidariedade total" da cidadanía durante este tempo na capital de Galicia.

"O traballo aquí termina porque é probable que teñamos que reorganizarnos e reestruturar a nosa acción sindical", expón. "Toca cambiar o papel e o lapis polo casco e os guantes", avisa Parella. Agora, prevén iniciar unha serie de mobilizacións que aínda non revelan. "Teremos que ir á busca e captura da xente", adiverte. "As administracións optan por non reunirse connosco e por dilatar excesivamente os prazos nun momento moi delicado", quéixase. "Se este é o terreo de xogo que queren que nos metamos a xogar, pois será o terreo de xogo no haberá que xogar", apostila.

URXEN UNHA NOVA REUNIÓN

Lembra que o pasado 3 de xaneiro celebrouse a última reunión con administracións. Apunta que ese mesmo día "dábase a entender" que a seguinte semana habería un novo encontro, pero seguen "sen ter coñecemento". "É unha mágoa que esteamos neste punto porque as posturas ata agora estábanse achegando dun modo esperanzador". "Esperabamos ter un encontro próximo", di, para resolver "non o problema de base do colectivo, pero si a situación actual" de face a levantar a folga e conseguir "unha normalidade entre comiñas" de prestación do servizo. Por iso, Parella insta as administracións a convocar "canto antes" esa nova reunión para "non ter que empregar medidas de presión máis contundentes". O obxectivo é que "definitivamente se resolva a situación actual do colectivo".

Bombeiros comarcais na última xornada de acampada no Obradoiro
Bombeiros comarcais na última xornada de acampada no Obradoiro | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta