Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/01/2024 | Actualizada ás 16:11
Axentes da Garda Civil de Sanxenxo detiveron a un veciño da localidade, de 49 anos e con "numerosos" antecedentes policiais, como presunto autor dun delito de roubo na sede de Cáritas que a Comunidade de Montes ten situada na parroquia de Noalla.
Segundo informou a Garda Civil, os feitos producíronse a finais de decembro do pasado ano, cando o presunto autor, aproveitando a provisión de alimentos en épocas do Nadal que reparte a sociedade benéfica, forzou a xanela de acceso ao establecemento para apropiarse de gran cantidade de produtos alimenticios destinados a familias necesitadas do municipio.
As pescudas realizadas, xunto coa inspección ocular practicadas polo Equipo de Investigación da Garda Civil de Sanxenxo, foron "determinantes" para achegar indicios obxectivos sobre a autoría do feito, que permitiu identificar ao detido nos feitos denunciados.
As dilixencias efectuadas foron postas a disposición do Xulgado de Garda de Cambados ante o que terá que acudir o detido cando sexa citado para iso, tras ser posto en liberdade en sede policial.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.