A condutora que causou a morte dun mozo en Sanxenxo no 2019 cando circulaba a 126 km/h enfróntase a catro anos de prisión

Nun momento dado, a condutora "perdeu o control do seu vehículo" e invadiu o carril contrario, chocando de forma frontal contra o Polo no que viaxaba a vítima mortal, que faleceu no lugar do sinistro. No suceso tamén resultou ferida a acompañante da procesada.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 06/02/2024 | Actualizada ás 16:14

Comparte esta noticia

O xulgado do Penal número 2 de Pontevedra acollerá este venres, día 9, o xuízo contra unha condutora acusada de provocar un accidente de tráfico en 2019 en Sanxenxo no que morreu un mozo. A muller, apunta Fiscalía, circulaba a 126 quilómetros por hora nun tramo limitado a 70.

Os feitos remóntanse á madrugada do 19 de xullo de 2019, cando se produciu un accidente de tráfico na parroquia de Adina, no que se viron implicados dous vehículos, o Wolkswagen Golf que conducía a procesada e un Polo no que viaxaba a vítima mortal, un mozo de 24 anos veciño de Vilagarcía de Arousa.

Ao redor das 2.30 horas da madrugada dese día, recolle o Ministerio Público no seu escrito de acusación, a muller, en compañía doutra nova, circulaba pola PO-308 en sentido A Lanzada. Facíao, sinala, a unha velocidade superior aos 126 km/h, nun tramo curvo limitado a 70 km/h e recomendado a 50. Nun momento dado, a condutora "perdeu o control do seu vehículo" e invadiu o carril contrario, chocando de forma frontal contra o Polo no que viaxaba a vítima mortal, que faleceu no lugar do sinistro. No suceso tamén resultou ferida a acompañante da procesada.

Fiscalía considera os feitos constitutivos dun delito de homicidio por imprudencia grave e pide para a moza unha pena de prisión de catro anos, así como a prohibición de conducir vehículos por seis anos. Tamén esixe para cada un dos pais do falecido unha indemnización de 91.780,80 euros e de 26.521 para cada unha das súas dúas irmás. Do mesmo xeito, pide que indemnice á outra ferida con 4.836 euros e con 354 euros ao Sergas, polos gastos causados.

Exterior do xulgado do Penal 2 de Pontevedra
Exterior do xulgado do Penal 2 de Pontevedra | Fonte: Beatriz Ciscar - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta