Diario de Ferrol, El Ideal, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños convocados á folga a partir do día 2

O Grupo La Capital debe varias mensualidades aos seus asalariados, algunha dende 2014. Como alertou GC hai meses, a súa situación financeira é extremádamente delicada, atrasos nos pagamentos a Seguridade Social incluídos.

Por Galicia Confidencial | Ferrol | 26/08/2015 | Actualizada ás 23:38

Comparte esta noticia

O sindicato CIG-Industria vén de anunciar a convocatoria dunha folga indefinida na Editorial La Capital -que publica os xornais Diario de Ferrol, El Ideal Gallego, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños- a partir das 00:00 horas do vindeiro día 2 de setembro. 

Xornalistas e asalariados do Diario de Arousa  reclaman os seus salarios en Vilagarcía
Xornalistas e asalariados do Diario de Arousa reclaman os seus salarios en Vilagarcía | Fonte: CIG

A central asegura que na empresa Editorial La Capital S.L. lévase retrasando o abono dos salarios, de maneira reiterada, ao longo de todo o ano 2014 e 2015 e a día de hoxe adebédanse ao persoal as mensualidades de xuño e xullo de 2015 e o 50% da paga de decembro de 2014.

A pasada semana a empresa comunicaba o despedimento de dúas das traballadoras máis veteranas de Diario de Ferrol. A representación laboral do persoal mostrou a súa enérxica condena ante estes feitos e organizou asembleas urxentes para o vindeiro luns, das que sairon a convocatoria do paro.

A representación dos traballadores/as di que leva reclamando, de maneira reiterada, a posta en marcha dun Plan de Viabilidade que garanta o futuro dos postos de traballo e o inmediato abono dos salarios pendentes, así como a regularización dos salarios mensuais. Porén, malia ter solicitado ese Plan e de reunirse coa empresa en varias ocasións para establecer un calendario de pagos sobre os salarios pendentes, a día de hoxe a situación continúa sendo de absoluta incerteza, tanto sobre o futuro dos postos de traballo, como para o cobro das mensualidades pendentes.

O cadro de persoal xa sufriu un importante descenso nos últimos anos. En 2012 o Grupo declaraba 148 asalariados, e en 2013 29 menos, 119. Son datos das  contas rexistradas pola compañía.

 

A comezos de ano, a Xunta de Galicia ofreceu un aval do IGAPE a Editorial La Capital, segundo informou a compañía aos seus representantes sindicais. Malia delicadísima saúde financeira do grupo, o Goberno prometeu que diñeiro público financiaría o 50% dun novo crédito á editora de Diario de Arousa, Diario de Ferrol, Ideal Gallego e DxT. Con todo, a operación financeira desmontouse a finais de 2014, sen que ninguén aclarase publicamente as causas.

 

Consecuencia disto e da pésima situación económica da empresa, da que xa alertou GCplus hai meses, os traballadores seguen soportando importantes atrasos, soportaron un ERE temporal e, o que máis grave, un futuro cada vez máis incerto.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta