Viaxeiros do Imserso pasan 9 horas no aeroporto de Santiago no seu primeiro día de vacacións pola avaría dun avión

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/02/2024 | Actualizada ás 13:24

Comparte esta noticia

Un grupo de viaxeiros do Imserso pasou o seu primeiro día de vacacións no aeroporto de Santiago tras saír o seu voo con nove horas de atraso por unha avaría na aeronave. Así sucedeu este martes, segundo informou fontes consultadas por Europa Press, cando os pasaxeiros que tiñan que partir do aeroporto compostelán de Lavacolla rumbo a Alacante sobre as 13.00 horas nun avión da aerolínea AlbaStar fixérono cunhas nove horas de atraso. Tras pasar a maior parte do seu primeiro día de viaxe no aeroporto conseguiron subir ao avión, que os levou a Alacante, sobre as 21.56 horas e algúns dos afectados puxeron varias queixas polo atraso e a falta de información.

Nova Terminal De Lavacolla (Santiago de Compostela)
Nova Terminal De Lavacolla (Santiago de Compostela) | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta