A área sanitaria de Ferrol reduce ata nun 40% as infeccións en UCI grazas aos seus programas 'zero'

Por E.P. | Ferrol | 05/03/2024 | Actualizada ás 11:24

Comparte esta noticia

A Unidade de Coidados Intensivos do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol aplica un paquete de medidas para reducir as principais infeccións, logrando baixar ata nun 40% estas doenzas. En concreto, son os denominados programas 'zero', como o de Bacteremia Zero, Pneumonía Zero, ITU Zero ou Resistencias Zero, que nalgúns casos lograron reducir ata nun 40% as infeccións desde a súa implementación.

"Con estes programas buscamos un coidado limpo e seguro dos nosos pacientes", explicou a especialista en Medicina Intensiva María José Castro, durante unha sesión clínica xeral no hospital.

Tal como dixo, trátase dun paquete de medidas elaboradas por expertos para garantir unha atención de calidade, co obxectivo de promover e fortalecer a seguridade na UCI. Castro puxo o foco na importancia de "identificar erros e valorar oportunidades de mellora", aínda que reivindicou que Galicia e España en xeral están nunha situación "óptima" con respecto a este tipo de programas.

Segundo recolle a Xunta nun comunicado, estímase que a nivel mundial ata un 15% dos pacientes ingresados desenvolven unha infección mentres están hospitalizados. Por iso, esta clase de iniciativas reduce o número de mortes e de días de hospitalización considerablemente.

UCI do Hospital Clínico de Santiago
UCI do Hospital Clínico de Santiago | Fonte: ANA VARELA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta