Denuncian un roubo nas dependencias do Concello de Ourense

O roubo produciuse dentro da concellaría de Asuntos Sociais

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/03/2024 | Actualizada ás 17:07

Comparte esta noticia

O Concello de Ourense presentou unha denuncia na comisaría da Policía Nacional por un roubo cometido na mañá deste xoves nas dependencias da concellaría de Asuntos Sociais.

Así o confirmaron a Europa Press fontes do goberno municipal que encabeza o rexedor, Gonzalo Pérez Jácome, que apelan ao desenvolvemento da investigación en curso para esclarecer os feitos.

Segundo avanzou o diario A Rexión, o roubo tivo lugar na mañá deste xoves na sede do departamento de Asuntos Sociais que dirixe a edil Ana Fernández Neto, situada no Cárcere da Coroa.

Estas informacións apuntan que serían subtraídos material informático e obxectos persoais dos traballadores, ademais de acceder a un dos equipos da concellaría.

Gonzalo Pérez Jácome
Gonzalo Pérez Jácome | Fonte: Rosa Veiga - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Ferroviario

Calquer día secuestran a Jácome, piden catro euros polo rescate e ninguén os quere pagar.