Acoso sexual en redes a Desiré Vila tras publicar un vídeo maquillada corporalmente

A atleta paralímpica gondomareña publicou onte unha imaxe maquillada corporalmente, para lembrar o paso dos nove anos dende o fatal accidente onde perdeu a súa perna dereita.

Por Galicia Confidencial | VIGO | 09/03/2024 | Actualizada ás 12:50

Comparte esta noticia

A atleta paralímpica gondomareña publicou onte unha imaxe maquillada corporalmente, para lembrar o paso dos nove anos dende o fatal accidente onde perdeu a súa perna dereita.

Desirée Vila, en La Resistencia
Desirée Vila, en La Resistencia | Fonte: Movistar + La Resistencia

"Hoy cumplo 9 años de vida. 9 años del día en que me amputaron la pierna para regalarme una segunda oportunidad. Pero no os voy a mentir, la primera vez que me vi en el espejo con mi nuevo cuerpo sentí rechazo. " así comezaba o seu vídeo. 

A carraxe visceral das redes non tardou en chegar e a imaxe recibiou centos de comentarios con insultos, burlándose da súa condición física, ou mesmo de indole sexual. Tamen comentarios de apoio e ánimo.

Desiré lonxe de deixarse amedrentar pola voráxine dos "haters" respondeu cun vídeo, precisamente no 8M, para denunciar e visualizar o acoso ao que están exposto as mulleres en redes. Dende comentarios sexuais, burlas, ata o envío de imaxes de xenitais masculinos por mensaxería interna. 

Que yo pueda hacer una broma con mi propio físico no significa que una persona que no me conoce de nada pueda darse el lujo de hacer comentarios de índole sexual. Un extraño hablando de sexo y del cuerpo de una mujer NO es humor. Morbosear y faltar al respeto a una persona NO es un derecho que te den las redes sociales. No se trata de machismo ni feminismo, se trata de respetar a una persona ya sea hombre o mujer y ya tenga dos piernas o una.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta