Rueda insiste na defensa de Altri e dos proxectos eólicos: "Son oportunidades que non podemos perder"

Destaca que a celulosa empregará a 2.500 persoas e confía en que o Tribunal Supremo e o Tribunal de Xustiza Europeo lle dean a razón á Xunta cos parques eólicos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 14/03/2024 | Actualizada ás 14:52

Comparte esta noticia

A Xunta está disposta a defender con todo o que ten proxectos industriais como os da planta de Altri en Palas de Rei ou os numerosos parques eólicos a pesar das importantes críticas de concellos, colectivos ecoloxistas e mesmo a paralización de moitos destes proxectos por parte do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Parque eólico
Parque eólico | Fonte: Asociación Eólica de Galicia

"Galicia non pode perder esa oportunidade e pode ser un antes e despois na provincia de Lugo, 2.500 empregos cun investimento económico potentísimo". Así se referiu Alfonso Rueda ao ser preguntado pola situación da planta que a empresa portuguesa Altri quere construír en Palas de Rei. Un proxecto moi criticado por ecoloxistas polas grandes afectacións que terá sobre o medio ambiente, especialmente, pola gran cantidade de auga que precisa para o seu funcionamento e que acabará logo no río Ulla. Son 30 millóns de litros de auga que as entidades ecoloxistas insisten en que, a pesar de ser reciclada na empresa, chegará contaminada.

O presidente da Xunta insistiu na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta que esa obra é unha "oportunidade" económica para toda a comarca. "Son oportunidades que non podemos perder", suliñou ao tempo que dixo que "acepta" as críticas e que a Xunta tentará ser rigorosa na avaliaciónn ambiental das obras.

"No que no corresponde á Xunta seremos moi estrictos coas condicións -meidoambientais-, pero se se verifican esas condicións non deixarei pasar esa oportunidade", avanzou. Por iso, criticiou a asociacións e partidos políticos que din que esa obra non se pode facer só por cuestións medioambientais. "Non comparto iso de que non se pode facer baixo ningunha circunstancia, cando estamos falando dunha oportunidade para Galicia", engadiu.

EÓLICOS

Rueda tamén se volveu a referir aos numerosos proxectos eólicos pendentes de execución en Galicia, moitos deles, case 20 xa paralizados polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), que, ademais, remitiu o caso ao Tribunal de Xustiza Europeo tras a decisión do Tribunal Supremo de reverter a anulación dalgúns deses parques. 

Parque Eólico Banzas que pretende instalar Green Capital Power nos concellos de Outes, Negreira y Mazaricos
Parque Eólico Banzas que pretende instalar Green Capital Power nos concellos de Outes, Negreira y Mazaricos | Fonte: Ecoloxistas en Acción

"Son resolucións xudiciais que non me gustan pero, en todo caso, serán recurridas como xa fixemos con outras decisións do TSXG", dixo sobre os novos parques paralizados. Ademais, considerou que tampouco a decisión do Consello de Estado francés de paralizar a autorizacións dos parques eólicos en curso nese país terá repercusións no caso galego. "Confío que tanto o TS como o Tribunal Europeo actúen con obxectividade e non creo que nada lles inflúa, tampouco a decisón tomada en Francia", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Peteiro

Son 500 postos de traballo, Segundo a compañía, que quedarán en 350 como a célulosa de Pontevedra.

1 Dende Praga con Amor

O mellor é ser funcinario xa o deciam no Sindicato "faite funcionario"..... e a bailar e as tabernas. E os demáis que corran.