Rueda non respalda a comisión de investigación das máscaras Covid do PP de Santiago: "Non me meto niso"

Reitera que contratos covid da Xunta xa foron revisados.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/03/2024 | Actualizada ás 18:51

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, reiterou que os contratos realizados pola Xunta durante a emerxencia sanitaria provocada pola pandemia da covid-19 xa foron "examinados suficientemente" e rexeitou "meterse" no que pide a súa formación no Concello de Santiago de Compostela.

Rueda pronunciouse deste xeito ao ser preguntado sobre a petición do PP compostelán de auditar os contratos feitos polo Consistorio polo procedemento de emerxencia durante a pandemia, unha análise que o PP rexeita na Xunta co argumento de que xa foron analizados por Contas.

Na rolda de prensa posterior á reunión semanal do seu Goberno, Rueda lembrou que os informes de Contas sobre a actuación da Xunta constan de "674 folios", nos que se reflicte "unha auditoría extensa dos gastos da Xunta durante a pandemia".

"Por tanto, creo que por ese lado fomos examinados suficientemente", dixo o presidente en funcións, que se mostrou "absolutamente tranquilo" da xestión feita polo Goberno galego. Dito isto, asegurou que non se quere "meter no que decida un grupo político", sobre un "caso concreto local", aínda que sexa do seu "partido" . "Eles terán que saber as razóns polas que o din e o grupo de goberno saberá se ten que facelo ou se xa foi auditado suficientemente", afirmou.

Alfonso Rueda
Alfonso Rueda | Fonte: Presidente da Xunta de Galicia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta