Aberto o prazo para inscribirse na XXV edición do Programa de Extensión Cultural de Astronomía da USC

Durante mes e medio o estudiantado e membros dos colectivos de PDI e PAS que participen terán ocasión de realizar observacións visuais e telescópicas nocturnas. Tamén haberá unha observación solar, montaxe dun telescopio automatizado, manexo do planisferio e dúas charlas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/04/2024 | Actualizada ás 18:03

Comparte esta noticia

O Observatorio Astronómico Ramón María Aller (Oarma) da USC abriu o prazo para inscribirse na XXV edición do Programa de Extensión Cultural de Astronomía (Pencas). Segundo explican nun comunicado, durante mes e medio o estudiantado e membros dos colectivos de PDI e PAS que participen terán ocasión de realizar observacións visuais e telescópicas nocturnas. Tamén haberá unha observación solar, montaxe dun telescopio automatizado, manexo do planisferio e dúas charlas. Das 60 prazas, 10 delas estarán reservadas para o público en xeral. O alumnado de graos poderá obter un crédito ECTS por asistir ás sesións do programa.

Estación Meteorolóxica do Observatorio Astronómico Ramón María Aller, no Campus Vida da Universidade de Santiago
Estación Meteorolóxica do Observatorio Astronómico Ramón María Aller, no Campus Vida da Universidade de Santiago | Fonte: USC - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta