A Xunta insiste en que hai "avances" pero "insuficientes" na flexibilización e adaptación da PAC

E sinala debe avanzarse máis, especialmente na "adaptación" da normativa ao territorio galego.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/04/2024 | Actualizada ás 13:48

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia insistiu este martes en que, a pesar dos "avances" do Goberno coas medidas anunciadas tras o Consello de Ministros de Agricultura de UE que aprobou a simplificación e flexibilización da Política Agraria Común (PAC), a acción segue sendo "insuficiente" e debe avanzarse máis, especialmente na "adaptación" da normativa ao territorio galego.

Así o trasladou o conselleiro do Medio Rural en funcións, José González, durante unha visita en Porto do Son, onde apuntou que Galicia leva tempo advertindo de que a PAC supuña "trabas burocráticas" para os agricultores e gandeiros galegos, fundamentalmente porque as súas esixencias non se adaptaban ao territorio e a realidade de Galicia, tal e como tamén manteñen as organizacións agrarias.

José González recoñeceu que houbo "avances" pero son "insuficientes" no que respecta a esa adaptación e tamén á flexibilización. "Hai que dar máis pasos, sobre todo na eliminación de burocracia e na adaptación dos requirimentos ambientais ao noso territorio", subliñou.

O conselleiro en funcións lembrou que Galicia reclama un 'eco réxime' que teña en conta "de forma importante" a actividade de pastoreo en extensivo, de gran importancia na Comunidade, "como mecanismo de prevención fronte aos incendios forestais". Esta demanda xa foi exposta na reforma da PAC e "séguese insistindo agora", incidiu José González, que repetiu que os avances do Goberno "aínda non son suficientes".

O conselleiro do Medio Rural en funcións, José González, na feira de maquinaria e produtos agricolas de Boimorto. XUNTA
O conselleiro do Medio Rural en funcións, José González, na feira de maquinaria e produtos agricolas de Boimorto. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta