SonRías Baixas regresa con nomes como La Oreja de Van Gogh, Tanxugueiras, Rozalén ou Álvaro de Luna

Os abonos seguen dispoñibles na web do festival e este xoves poñeránse a venda as entradas de días.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 09/04/2024 | Actualizada ás 12:16

Comparte esta noticia

Quedan catro meses para a celebración do festival SonRías Baixas, que terá lugar os días 1,2 e 3 de agosto en Bueu. Hoxe coñecemos xa os artistas e a súa distribución por días. Nesta edición destacan nomes como La Oreja de Van Gogh, Tanxugueiras, Rozalén, Ginebras, Álvaro de Luna ou Rayden, entre outros tantos. Como non podía ser doutra maneira, haberá unha forte representación da escena musical galega, con nomes como Fillas de Cassandra, Mondra, Sabela ou The Rapants.

Cartel completo da próxima edición do festival
Cartel completo da próxima edición do festival | Fonte: SonRías Baixas

Os  abonos xerais  seguen  dispoñibles  desde a web do festival  e a través de  Enterticket.es, e este xoves poñeranse a venda as entradas de día. Como xa ocorreu na edición anterior, o 31 de xullo terá lugar a festa de benvida no recinto e tamén se abrirá a zona de acampada, que este ano trae como novidade a posbilidade de acceso á mesma para as persoas que compren a entrada de un só día. 

O festival aposta tamén por coñecer novas propostas musicais como poden ser as de Chef’Special, La La Love You, Anabel Lee, Cool Nenas, Emlan, Gilipojazz, Inés Hernand, La Élite, Morochos, Mr. Kilombo, Muerdo, Sexy Zebras  e Travis Birds. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta