Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/04/2024 | Actualizada ás 10:03
Un traballador resultou ferido na madrugada deste mércores na localidade coruñesa de Mañón tras caer desde unha ponte ás vías do tren mentres cortaba unha árbore.
Foi un particular o que alertou ao 112 Galicia, indicando que a persoa non estaba atrapada, pero necesitaba asistencia sanitaria, polo que se deu aviso aos servizos de urxencias do 061. Ademais, os xestores do Centro Integral de Atención ás Emerxencias puxeron os feitos en coñecemento da Garda Civil e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Mañón, así como de Adif, responsable da administración de infraestruturas ferroviarias.
Unha vez no punto, os voluntarios de Protección Civil indicaron que o traballador danou unha man e deuse un golpe na cabeza. Con todo, a pesar de caer sobre a vía, unhas ramas amorteceran o impacto. Por todo iso, a persoa foi trasladada en ambulancia ata o hospital de referencia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.