Denuncian que unha escola infantil da Coruña prohibe o galego

A Mesa Pola Normalización Lingüística e a CIG-Ensino denunciaron hoxe "a persecución e represión que está a sufrir unha traballadora dun centro de atención á infancia da Coruña por empregar o noso idioma nas aulas que imparte". O suposto racismo lingüístico desta empresa chega a tal punto que mesmo remitiu unha circular interna prohibindo calquera comunicación en galego e advertindo que o incumprimento desta orde será considerada “falta grave”.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 14/10/2015 | Actualizada ás 15:50

Comparte esta noticia

De acordo a vesión da empregada, o pasado día 6, a dirección de Jungle World emitía unha circular na que expresamente prohibe o uso do galego tanto nas aulas como na comunicación coas familias, ademais de esixir a retirada de todo o material escrito na nosa lingua. Para a CIG-Ensino, "esta orde, alén de vulnerar os dereitos laborais e lingüísticos máis elementais, constitúe unha represión directa á traballadora Ana Belén Tajes, posto que é a única que utiliza o galego no centro".

Maceira, a traballadora denunciante e Louzao en rolda de prensa
Maceira, a traballadora denunciante e Louzao en rolda de prensa

Tal e como ela mesma explicou hoxe en rolda de prensa dende a apertura do centro hai catro anos empregaba o galego -de xeito parcial- nas aulas de música que imparte e na comunicación con determinados pais e nais. Até a emisión da circular non se tiña producido ningún tipo de incidencia motivado polo idioma.

Anxo Louzao, secretario nacional da CIG-Ensino, considera que "esta circular reflicte á perfección os prexuízos e o desprezo contra a nosa lingua,“mais tamén unha ignorancia total na medida en que cualifica o galego de dialecto”.

“Racismo lingüístico”

Pola súa banda, o presidente da Mesa, Marcos Maceira, aseverou que "a circular remitida pola dirección do centro “upón un caso paradigmático de racismo lingüístico. A ideoloxía que pretende transmitir ao alumnado é racista e galegófoba”. Maceira criticou que "o centro se atreva a prohibir ao profesorado usar o galego, mesmo impedindo a utilización mínima da nosa lingua na aprendizaxe de cancións ou nos carteis, e ameazando con impor faltas graves as traballadoras e traballadoras que incumpran a norma".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 41 comentarios

13 sisisi

en efecto, hay que denunciar que a los profesores de Historia o de Conocimiento del Medio, que trabajan la escuela pública de todos, se les prohíba el uso del espanhol. Y hay que prohibir que en ninguna escuela o centro privado se prohíba el uso del espanhol o s eimponga el uso obligatorio del gallego.

12 Odoíno

Que escola é? Tem-se que saber para o denunciar seja boca a boca como de qualquer outro jeito.

1 Sisisi

Es Semente, en Compostela: prohíben el uso del espanhol a los trabajadores, y en toda actividad el centro.

2 Carlos78

Tes probas de que es ecentro prohibe algunha lingua aos seus traballadores? Non. Falara por falar é enmerdar.

11 Ana

O grave non é o que faga esa escola, o grave é que a Xunta non tome medidas para rematar coa discriminacion os galegofalantes. Debe ser a Xunta a que garanta que en todolos colexios infantis se imparte por igual galego e castelan e a que garanta que ningun cidadan é discriminado nesta terra por falar galego. O mesmo que piden os defensores do "bilinguismo" para Catalunya co castelan, que o cumplan aqui co galego que a dia de hoxe segue estando en desigualdade co castelan en moitos ambitos. Por ultimo animar a todolos cidadans a denunciar calquier discriminacion contra a nosa lingua.

10 Vigués

Jungle World non é unha escola infantil. É un espazo infantil, moi distinto á escola infantil. Este artigo é totalmente tendencioso.

9 Xepe77

O texto completo da circular en http://www.sermosgaliza.gal/media/s... Sen comentarios