Denuncian que unha escola infantil da Coruña prohibe o galego

A Mesa Pola Normalización Lingüística e a CIG-Ensino denunciaron hoxe "a persecución e represión que está a sufrir unha traballadora dun centro de atención á infancia da Coruña por empregar o noso idioma nas aulas que imparte". O suposto racismo lingüístico desta empresa chega a tal punto que mesmo remitiu unha circular interna prohibindo calquera comunicación en galego e advertindo que o incumprimento desta orde será considerada “falta grave”.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 14/10/2015 | Actualizada ás 15:50

Comparte esta noticia

De acordo a vesión da empregada, o pasado día 6, a dirección de Jungle World emitía unha circular na que expresamente prohibe o uso do galego tanto nas aulas como na comunicación coas familias, ademais de esixir a retirada de todo o material escrito na nosa lingua. Para a CIG-Ensino, "esta orde, alén de vulnerar os dereitos laborais e lingüísticos máis elementais, constitúe unha represión directa á traballadora Ana Belén Tajes, posto que é a única que utiliza o galego no centro".

Maceira, a traballadora denunciante e Louzao en rolda de prensa
Maceira, a traballadora denunciante e Louzao en rolda de prensa

Tal e como ela mesma explicou hoxe en rolda de prensa dende a apertura do centro hai catro anos empregaba o galego -de xeito parcial- nas aulas de música que imparte e na comunicación con determinados pais e nais. Até a emisión da circular non se tiña producido ningún tipo de incidencia motivado polo idioma.

Anxo Louzao, secretario nacional da CIG-Ensino, considera que "esta circular reflicte á perfección os prexuízos e o desprezo contra a nosa lingua,“mais tamén unha ignorancia total na medida en que cualifica o galego de dialecto”.

“Racismo lingüístico”

Pola súa banda, o presidente da Mesa, Marcos Maceira, aseverou que "a circular remitida pola dirección do centro “upón un caso paradigmático de racismo lingüístico. A ideoloxía que pretende transmitir ao alumnado é racista e galegófoba”. Maceira criticou que "o centro se atreva a prohibir ao profesorado usar o galego, mesmo impedindo a utilización mínima da nosa lingua na aprendizaxe de cancións ou nos carteis, e ameazando con impor faltas graves as traballadoras e traballadoras que incumpran a norma".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 41 comentarios

8 anonimo

mentirosos es una academia no es una escuela, sois unos talibanes difamadores que no tenéis nada que denunciar y os lo inventáis, no os importa hacer daño.

1 Estivadas

Unha academia que parece trinca dos impostos de todos nós.....polo tanto que se ateña á realidade do pais.....do contrario que renuncie a subvención algunha e que constitua unha secta de curuñésfalantes e nomee director de honra a Pacú Vazquez....

2 nostrus

Ah, pues si es una academia nada que objetar porque tambien podrá haber academias que usan solo el gallego. Sois tan intolerantes como los que no quieren que se hagan mezquitas por no ser propias de aqui.

3 Penoso

Nosotros vete buscar a tu madre que ya cerraron el Night club

4 Carlos78

Nostrus-anónimo, non é que sexa privada, e que impón un idioma oficial e descualifica o galego (polo tanto a todos nós). Hai unha cuestión fundamental que é o respecto ás leis, aquí claramente vulneradas. Non se pode amparar nun suposto proxecto didáctico de centro para eliminar calquera vestixio do galego.

5 Odoíno

Penoso: Seguro que conheces o night clube vás toda-las noites a sacar-lhe a tua mae o dinheiro feito na sua jeira de serviços.

6 Penoso

O doino piensa el lad.rón que todos son de su condición por lo que veo eres el perrito de nosotros porque veo que el no se sabe defender la zo .rra de tu madre bien no

7 Ana Patricia no es casta

A mareylla da Coruña en primeira liña na defensa de.... eles no seu mundo de yupi

6 Ana Patricia no es casta

A mareylla da Coruña en primeira liña na defensa de.... eles no seu mundo de yupi

1 Carlos78

E isto que ten que ver co Concello? Por favor, non mesturamos cousas. Estoume a comezar a cansar deste stirapuxas bloqueiros-mareas e vou mandar todo á.... co meu voto que non contén os guerracivilistas.

5 nostrus

Xa estan os nacionaticos en pe de guerra, pero estarian moi comodos si o racismo fose hacia o español. Eu estou en contra dos racismos lingüisticos en calquera das suas variantes e en tamen contra das normalizacions lingúisticas. Os cativos deben aprender as duas linguas e expresarse na que mais lle apeteza.

4 kbronasos&lambons

A Coruña é mala porque non vota á UPG, so é iso ¿ou non? A Mesa sempre relacionando á Coruña con noticias negativas. Como se estas cousas non pasasen en Pontevedra... Seguide así, que ides ter moita xente no enterro.

1 eusi

Toma a pastilla prá cabesa, sempre che esquense!