Denuncian que unha escola infantil da Coruña prohibe o galego

A Mesa Pola Normalización Lingüística e a CIG-Ensino denunciaron hoxe "a persecución e represión que está a sufrir unha traballadora dun centro de atención á infancia da Coruña por empregar o noso idioma nas aulas que imparte". O suposto racismo lingüístico desta empresa chega a tal punto que mesmo remitiu unha circular interna prohibindo calquera comunicación en galego e advertindo que o incumprimento desta orde será considerada “falta grave”.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 14/10/2015 | Actualizada ás 15:50

Comparte esta noticia

De acordo a vesión da empregada, o pasado día 6, a dirección de Jungle World emitía unha circular na que expresamente prohibe o uso do galego tanto nas aulas como na comunicación coas familias, ademais de esixir a retirada de todo o material escrito na nosa lingua. Para a CIG-Ensino, "esta orde, alén de vulnerar os dereitos laborais e lingüísticos máis elementais, constitúe unha represión directa á traballadora Ana Belén Tajes, posto que é a única que utiliza o galego no centro".

Maceira, a traballadora denunciante e Louzao en rolda de prensa
Maceira, a traballadora denunciante e Louzao en rolda de prensa

Tal e como ela mesma explicou hoxe en rolda de prensa dende a apertura do centro hai catro anos empregaba o galego -de xeito parcial- nas aulas de música que imparte e na comunicación con determinados pais e nais. Até a emisión da circular non se tiña producido ningún tipo de incidencia motivado polo idioma.

Anxo Louzao, secretario nacional da CIG-Ensino, considera que "esta circular reflicte á perfección os prexuízos e o desprezo contra a nosa lingua,“mais tamén unha ignorancia total na medida en que cualifica o galego de dialecto”.

“Racismo lingüístico”

Pola súa banda, o presidente da Mesa, Marcos Maceira, aseverou que "a circular remitida pola dirección do centro “upón un caso paradigmático de racismo lingüístico. A ideoloxía que pretende transmitir ao alumnado é racista e galegófoba”. Maceira criticou que "o centro se atreva a prohibir ao profesorado usar o galego, mesmo impedindo a utilización mínima da nosa lingua na aprendizaxe de cancións ou nos carteis, e ameazando con impor faltas graves as traballadoras e traballadoras que incumpran a norma".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 41 comentarios

3 Fora nacionalismo espanhol

Logo a gente asústase cando venhen os da rama brunete do pp, ou os vilinguistas, ou os de ciudadanos todos cheios, fazendo como que Espanha nunca impuso a lingua espanhola, ignorando a doma e castracion da GZ, e ocultando que inda hoje o estado espanhol ten na sua base o desprecio do pobo galego, desprecio a lingua e cultura da nossa terra. Estes desta escola igual, por diante vai o eslogan: "Un equipo de educadores de gran profesionalidad y calidad humana", e por diante tamén vai o slogan "gayegos de mierda".

2 Freixo

Addenda: patrocinam a Junta de Galiza e a UE http://www.jungleworld.es/contenido...

1 Freixo

A estrumeira espanholista cavalga de novo.